III Certame Literario X.C. Gómez Alfaro
HOMES E MULLERES DO MAR
"O soño de Uxío" de Igor Álvarez Cividanes
Moi preto do porto da Guarda vive Uxío, un neno de 11 anos que cursa 6ºEP, acompañado da súa nai Carme "a do Xocas" e do seu avó Antón "o mexillón". O seu pai caeu ó mar dende o barco no que faenaba, adicado á pesca do peixe espada, nunha noite do verán de 2012 e o seu corpo nunca apareceu pero na casa sempre o teñen presente, sobre todo no verán, na festividade da Virxe do Carme.
Dende ben pequeño Uxío pasa horas vendo o mar dente a ventana da súa casa, encantalle ver como os mariñeiros se preparan para marchar coas súas gamelas e regresan horas máis tarde cargados, no mellos dos casos, con sardiñas, barbos, fanecas, polvos... Uxío ten claro que algún día el será un deses mariñeiros.
Carme, a nai de Uxío, pasa a maior parte das tardes na chabola de Lola, atando redes polo que o neno pasa as tardes co seu avó, primeiro fai os deberes do colexio e logo soen sair xuntos, se o tempo o permite, de pesca na pequeña gamela do avó, chamada Rosiña, como a avoa xa falecida fai moitos anos.
Unha tarde de verán, cunha temperatura moi agradable na Guarda, soleada, sen vento, co monte Tegra cuberto pola súa típica gorra de néboa, Uxío e mailo avó preparáronse para saír ó mar, puxeron os chalecos salvavidas, colleron as nasas.... e xusto cando estaban a punto de botar a gamela á auga fixáronse que había dous homes colocando unha pancarta no porto anunciando a Festa do Peixe Espada. A Uxío chamoulle a atención que había un fermoso peixe espada debuxado.
O avó prometeulle que o levaría a probar os deliciosos pratos que nesta festa preparan comas as croquetas, salpicón, empanada... elaborados con este delicioso peixe, pero agora había que marchar. Cando partiron o avó estaba pensativo e dixo que tiña o presentimento que non sería unha tarde calquera. Uxío sabía que nos temas de pesca o seu avó era moi sabio pois levaba dende os 15 anos sendo mariñeiro. Entón Uxío estivo calado un bo rato e cando se decidiu a falar co avó... un sorprendente golpe de mar tirou a gamela "Rosiña". Uxío estivo un bo rato baixo auga, estaba angustiado, non entendía que pasara, non sabía onde estaba o avó, non se orientaba... ata que por fin logrou saír á superficie pero non era capaz de localizar ó avó, non había tempo que perder, tiña que nadar e localizar a gamela e o avó, nadou e berrou todo canto poido durante uns minutos que lle pareceron horas ata que... por fin escoitou uns berros
- Aquí Uxío, estou aquí!!!
Era a voz do avó, estaba agarrado a Rosiña, moi preto do lugar onde se atopa el, pero co zunido do mar case non o escoitaba. O rapaz chegou onda o avó e xuntos decidiron nadar hacia unha illa que se divisaba. O esforzó era moi grande e coa axuda de Rosiña podían permitirse descansar un pouquiño pero unha vez máis... outra desgracia. Un novo golpe de mar levouse a Rosiña, o avó e o neto tiveron que seguir a nado ata a orilla daquela pequeña illa que divisaban, incluso lle pediron axuda á Virxe do Carme.
Chegaron esgotados, o primeiro que fixeron foi deitarse na area un longo espazo de tempo. Durmiron e Uxío ata pensou que todo aquilo era un soño e que pronto chegaría a súa nai para despertalo e ir ó colexio. Pero non, os dous estaban realmente nunha illa sen nada máis que a roupa que levaban posta.
Xa anoitecía cando Uxío escoitou a voz do avó chamando por el:
- - Desperta Uxío, temos que refuxiarnos, vai moito frío e posiblemente vaia chover.
Xuntos lograron chegar ata un vello castelo onde se abrigaron do frío que facía, Uxío estaba sorprendido daquel lugar pero soamente pensaba se ese sería o final das súas vidas. Foille inevitable pensar no seu pai, que naufragara xa facía 8 anos e pensaba que sería unha nova desgracia para a súa nai.
Nada máis lonxe da realidade, cando estaban xuntiños a escuras o avó tranquilizou a Uxío, explicoulle que o lugar onde se encontraban era "A Ínsua", unha pequeña illa que se atopa na desembocadura do Río Miño e que fai moitos anos era unha cárcere.
- Entón, estamos preto da Guarda? - preguntou Uxío
- Claro que sí, o peor xa pasou, penso que estamos a salvo. Todas esas luces que ves ahí son farolas de Portugal e a este outro lado está A Guarda, espero que mañá podamos volver pero non sei como.
Por sorte, ó lonxe, divisaron unha luz na auga que se acercaba hacia a illa. Rápidamente Uxío e o avó bracearon e gritaron de forma desesperada.
- Axuda, axuda!!!
Por sorpresa para eles a barca foi dereitiña hace onde eles estaban, era o tío Amadeu, o irmán do pai de Uxío que se adica a pescar lamprea no Río Miño. Resulta que Carme estaba na casa moi preocupada pola tardanza dos pescadores e avisoulle xa que tiña o presentimento que algo podía haber pasado. O tío Amadeu deulles un forte abrazo e xuntos choraron un rato, botoulles unha manta para tapalos, subiron ós tres na gamela de Amadeu e partiron rumbo a casa.
Pouco despois chegaron ó porto onde agardaba Carme e outros mariñeiros que chegaban cargados de bo peixe.
Xa na casa Uxío preparouse para durmir despois deste longo día que nunca esquecería, pero o seu soño seguía sendo poder ser un gran mariñeiro como o seu avó.