IV Certame Literario X.C. Gómez Alfaro

HOMES E MULLERES DO MAR

"O rescate de Xosé" de Rodrigo Buján Fernández

A Garda é un pobo pesqueiro e mariñeiro, moi próspero e que vive fundamentalmente da pesca do peixe espada, os seus habitantes son alegres e divertidos e todos os anos celebran a festa do peixe espada en honor ao peixe polo que é máis coñecida a cidade. As augas do mar da Garda están cheas de peixe espada que os mariñeiros/as van a pescar todos os días para vendelos.

Un día os mariñeiros comezaron a decatarse de que case non había peixe espada nas augas do mar da Garda, cada día pescábase menos e sen darse conta todos os peixes espada desapareceron. A xente comezou a preocuparse porque non tiñan recursos para manter as súas familias, a vida tornábase cada día mais triste, os mariñeiros/as regresaban as súas casas cas redes valeiras, ninguén podía entender o que pasará e preguntábanse que fixeran mal para chegar a esta situación.

Un día Xosé, un dos mariñeiros máis vellos saíu co seu barco mar dentro, intentando buscar unha explicación a repentina desaparición dos peixes espada. Tras horas navegando e cando xa ía a retornar ao porto, de súpeto viu algo prateado na superficie da auga, acercouse, sorprendentemente era un banco de peixes espada, decidiu seguilos. Ao cabo dun intre, e tras un tempo seguindo aos peixes o seu barco estampouse contra una rocha e caeu ao mar, tras un momento de confusión, visualizou no fondo do mar, sentiu moita pena e tristura e non daba crédito ao que estaba ocorrendo.

Os peixes espada grandes estaban intentando rescatar as crías, co as súas espadas intentaban cortar os plásticos e apartar o lixo, pero non eran capaces debido a gran cantidade que había, ao ver iso Xosé regresou o mais rápido que puido ao porto da Garda e avisou aos seus compañeiros/as mariñeiros e a toda a poboación. Cando lles contou a situación todos os mariñeiros colleron os seus barcos e as súas escafandras para rescatar as crías de peixe espada. Durante horas e días os mariñeiros/as e habitantes da Garda, xunto cos peixes espadas adultos, rescataron a centos, miles de peixes que estaban atrapados. Todos estaban moi cansados pero tamén moi contentos!!!, as crías de peixe espada salvaranse.

A pesar de que se salvaran as crías de peixe espada o mar seguía cheo de residuos e plásticos, e iso era moi grave. Xosé decidiu facer unha fundación chamada "Limpamos o mar" para que todos os cidadáns da Garda axudaran a limpar o mar e evitaran verter residuos e plásticos. Querían ensinar a todo o mundo o dano que os vertidos estaban provocando no mar, e a contaminación que había nas augas. Todo o mundo implicouse no proxecto e todo o mundo colaboraba!!!, sobre todo os nenos que todos os sábados pola mañá ían a limpar as praias para retirar os plásticos que chegaban do mar. Os nenos incluso deixaron de utilizar cousas que lle gustaban moito como palliñas de plástico para beber o zume o a leite.

Pouco a pouco comezaron a aparecer peixes espada no mar da Garda, os mariñeiros comezaron a pescar e a xente volveu a ser alegre e divertida. Todos déronse conta de que había que respectar ó medio ambiente e ninguén volveu a tirar nunca máis lixo ao mar da Garda que se converteu nun mar limpo. Tamén déronse conta de que o uso de plásticos era un verdadeiro perigo para o planeta, e que senón se deixaban de utilizar pronto os recursos do mar desaparecerían para sempre, e que si trataban mal o planeta todo tornaríase en contra dos seres vivos.

O que fixeron os habitantes da Garda foi un exemplo para todo o mundo, e cada día mais xente comprometíase ca causa, respectando o medio ambiente, e respectando a natureza.

A fundación que Xosé creara organizou un concurso que premiaba iniciativas a favor de portexer o medio ambiente, como non, os primeiros en gañar foron os nenos da Garda que coa súa iniciativa de limpar as praias e deixar de usar plásticos, xa nunha idade moi temperá souberon o que era coidar a natureza. Os nenos estaban moi contentos e organizaron unha gran festa para celebrar o premio, asi comezou unha nova festa na Garda, a FESTA DO MAR!!!, pero iso xa é outra historia.