O Mar na Escola

A iniciativa xorde no 2015 para achegar o mundo da pesca con palangre á cativada guardesa. Para iso organizamos en colaboración cos centros educativos da Guarda unha excursión dunha mañá ao Porto de Vigo, xa que é un dos portos base dos palangreiros de OR.PA.GU.

Porto de Vigo

Alumnado no palangreiro "Robero"

Co obxectivo de que tódolos nenos e nenos da Guarda visiten por dentro un palangreiro, a actividade organízase co alumnado de 3º de Primaria. As datas coordínanse cos diferentes centros educativos, de xeito que os grupos non son moi númerosos e así a visita poida ser unha experiencia interactiva.

Cómpre agradecer tamén a colaboración de armadores/as, patróns e mariñeiros, que durante os días das visitas adican o seu tempo a explicarnos como é a vida no barco e a pesca con palangre de superficie.