PAI-FILLO-NAI

Un dos xogos máis difundidos polo mundo adiante e que conta con variantes en función dos movementos que se poden facer. O que si é común é que cada persoa (2 xogadores/as) conta con 3 fichas que van colocando alternativamente de 1 en 1, sendo o obxectivo facer unha liña recta entre elas (por iso tamén un dos nomes deste xogo é "3 EN LIÑA".

Variantes:

  • Que unha vez que unha ficha está no espazo central, non se pode mover.
  • Que só é posible mover unha ficha a un espazo baleiro contiguo.

No caso das actividades que facemos en ORPAGU EDUCATIVO empregamos como fichas cunchas variadas PERO é convinte sinalar que cando deixamos de usar estas cunchas, devolvémolas á mesma praia da que sairon. Isto é especialmente importante se nos atopamos en espazos naturais protexidos (parques naturais ou nacionais, Rede Natura 2000, etc.).