XOGO DE MEMORIA "PARELLAS DE PALANGREIROS"

Os xogos de memoria permiten desenvolver a atención e a memoria visual. Neste caso empregamos como imaxes fotografías de barcos palangreiros de OR.PA.GU.

No descargable hai ata 6 DinA4 imprimibles para que cada quen poida decidir a dificultade do xogo -a maior número de palangreiros, maior dificultade-. Lóxicamente hai que imprimir 2 copias por cada folla e aconsellamos o tamaño DinA4. A nosa proposta e que entre o alumnado se recorten as fichas, que logo hai que dobrar e pegar.

Para xogar colocamos as fichas boca abaixo sobre unha superficie plana. Logo imos de 2 en 2 dándolle a volta a cada ficha e, se coincide o mesmo barco, quedas coa parella de fichas. Pódese xogar tamén por equipos.

Este tipo de xogos tamén ten a vantaxe de adaptarse moi ben a distintos grupos de idade (por exemplo vai moi ben para xogar na casa coa familia).

PREFIRES UNHA VERSIÓN PARA XOGO EN LIÑA?

Sabemos que nos tempos actuais non sempre é posible realizar as actividades na aula e preparamos varias versións para xogar en liña. A continuación tes varias posibilidade de menos a maior dificultade: